viernes, 18 de noviembre de 2016

Portugal-Península de Tróia

27/06/2012. Pernocta na área de ACs de Tui.
Tui, cidade, declarada conxunto histórico-artístico está na fronteira con Portugal, a beira do río Miño, ten unha Catedral románica-gótica, igrexa de San Bartolomé-románica, igrexa de San Telmo barroca e diversos miradores. Cerca está o monte Aloia , o primeiro lugar de Galicia en ser declarado Parque Nacional.

Tui

28/06/2012 Porto Covo, un sitio que nos gusta, no concello de Sines no Alentexo portugues.

Porto Covo e a illa de Pessegueiro.

Atardecer en Porto Covo.

29/06/2012 Disfrutando das praias de Vila Nova de Santo André, no concello de Santiago de Cacém, un areal grandísimo cerca dunha lagoa, que pertence a Reserva Natura portuguesa.
 Subimos ata Comporta unha pequena aldea con praias maravillosas dentro da Reserva Natural do Estuario do río Sado que une a península de Tróia co continente.

 Vila Nova de Santo André.


Área de ACs en Comporta.


Península de Tróia, un banco de area de 25 km de lonxitude frente a Setúbal na desembocadura do río Sado, famoso polas praias e campos de gol. Preciosa para recorrela en bici.


 Península de Tróia

30/06/2012 Carrasqueira, pequena aldea no medio das marismas do río Sado, rodeada de arrozais e salinas, e con ese portiño palafítico tan curioso.
 Carrasqueira


Poñemos rumbo a Setúbal no transbordador.


01/07/2012 Setúbal, tradicionalmente industrial e portuaria e unha cidade que gusta pasear e ir de compras e difrutar de un bo peixe, tamén subimos o forte de San Felipe con fabulosas vistas do estuario do Sado e a península de Tróia.

 Setúbal

Forte de San Felipe

02/07/2012 Peniche, coñecida internacionalmente pola práctica de deportes acuáticos sobre todo o surf, está en parte rodeada por unha muralla do século XVI . No lado sur ten unha fortaleza (Plaza Fuerte de Peniche) empregada como prisión durante o réximen de Salazar.
 Peniche e o mar son inseparables. É un dos maiores portos de pesca tradicional de Portugal.

 Peniche
Faro do Cabo Carvoeiro de Peniche.

Praia Baleal. (Peniche)

São Martinho do Porto é unha freguesia portuguesa do concelho de Alcobaça, aquí descansamos no camping Colina do Sol. San Martiño do Porto está situado nunha fermosa bahía en forma de cuncha, praia preciosa de area fina,un pobo turistico.

São Martinho do Porto

03/07/2012 Pasando por Caldas da Rainha dirixímonos a Figueira da Foz, importante centro turístico portugues no val do río Mondego, con praia enorme, casino, porto de pesca, praza de touros....Bo sitio para pernoctar.

Caldas da Rainha


Figueira da Foz


04/07/2012 Aveiro, sempre, para quedarse a dormir, sitio perfecto. A Barra co seu grade Farol, Costa Nova e as súas casiñas de cores,Vagueira e a súa pesca artesanal, Ílhavo, Gafanha...

 Costa Nova



Aveiro


05/07/2012 Guimaraes, encantadora cidade histórica, está considerada como o lugar onde nace Portugal. Centro con edificios góticos e casas tradicionais, un castelo antigo, Pazo dos duques de Braganza, Parque da Penha, con rotas de sendeirismo...

 Guimaraes







06/07/2012 Camping Santa Tecla de A Guarda (Pontevedra) na desembocadura do río Miño, perfecto para sendeirismo, descanso. Coñecémolo de hai moitos anos e sempre paramos uns días, acompañados de amigos ou da familia. Aproveitamos para despedir Portugal visitando Valença do Miño, ir o mercado e comer o bacalao.

 Paseo por cerca do Camping Santa Tecla.



 Valença do Miño































No hay comentarios:

Publicar un comentario