domingo, 27 de noviembre de 2016

Vila Nova de Cerveira

Maio 2013 Vila Nova de Cerveira. Xa falei algúnha vez desta pequena localidade portuguesa,que está nada máis cruzar a ponte internacional desde Goián en Pontevedra, pero é que non me canso de admirala, ten un encanto especial, pola tranquilidade, a pesar de ter un enorme mercadiño os sábados, é un pobo limpo,cuidado, amplio, con castelo, plaza da Liberdade, parque do Castelinho, igrexa de San Cipriano, rota de sendirismo a beira do Miño, auditorio, estadio....non lle falta de nada, esculturas polas rúas e parques, por algo lle chaman a cidade das artes, unha gran festa medieval. Sinxelamente precioso, espero que non cambie nunca.

Vila Nova de Cerveira


Vila Praia de Áncora, pobo mariñeiro e turistico, perfecto para disfrutar das súas praias e dunha boa comida a base de peixe.

 Vila Praia de Áncora



Forte da Ínsua visto dende Moledo do Miño


No hay comentarios:

Publicar un comentario