lunes, 21 de noviembre de 2016

O Carballiño-Chantada

Novembro 2012. Ponte de Santos. Pasando por Santiago, pernocta en Lalín imos o Carballiño entre a Serra do Faro e o río Arenteiro, conta con un dos parques naturais máis grandes de Galicia con unha rota de sendeirismo preciosa á beira do Arenteiro. Pazos, Balnearios, Templo de Vera Cruz, A Pena dos Namorados.... e o pulpo, non se pode pasar por aquí sin probalo.

 O Carballiño.

Pazos de Arenteiro, declarado conxunto histórico-artístico en 1973. Ponte Medieval, espectaculares casa señoriais con escudos eráldicos, pazo da Encomenda,  pazo de Cervela, pazo de Feixóo, pazo de Currelo, dos Tizón, de Laxas... viñedos,viñedos e máis viñedos... Unha paisaxe outoñal incrible, chea de cores roxas, pardas, amarelas e con moitos cogumelos a cal máis bonito e raro. Fermosísimo.




Pazos de Arenteiro




Pernocta e relax nas termas de Outariz en Ourense e logo Chantada, na falda da Serra do Faro. Pobo situado na beira do río Asma, ten un precioso casco unbán, pero sobretodo un parque e un paseo excelente que se presta para camiñar.







No hay comentarios:

Publicar un comentario