domingo, 13 de noviembre de 2016

Madrid- Aveiro

14/09/2011 De Galicia a Manzanares el Real municipio da comunidade de Madrid, visitar o pobo e  subir o castelo  dos Mendoza, dende alí unha gran vista sobre o embalse de Santillana formado polo río Manzanares. Viñemos ata aquí para facer sendeirismo pola Pedriza, recomendados por uns amigos madrileños. A Pedriza un gran batolito granítico situado na vertente sur da serra do Guadarrama, vistas espectaculares, sitio precioso para practicar o sendeirismo, encantounos, gracias Charito. Pernocta no Camping El Ortigal.
Castelo dos Mendoza (Manzanares el Real)

Embalse de Santillana 

La Pedriza


Camping Osuna, en Madrid, o noso lugar de acampada para quedar uns días e visitar a cidade, o metro está relativamente cerca. Palacio Real, La Almudena, Neptuno, Atocha,Puerta de Alcalá, Serrano, Colón, Plaza de La Cibeles, Templo de Debod, Plaza Mayor, Plaza de la Villa, Puerta del Sol, Museo del Prado, El Retiro, Mercado de San Miguel, Gran Vía, Museo Thyssen, Museo Reina Sofia...non me acordo de máis, pero gustoume moito Madrid.

La Almudena

El Retiro
 
Plaza Mayor

Plaza de la Villa

 Palacio Real

 Mercado de San Miguel

Museo Reina Sofia

Deixamos Madrid para acercarnos ata El Escorial e logo pernoctar en Salamanca, esta cidade estaba en plenas festas medievais, pero dormimos estupendamente apesares de estar preto do gran feirón, pegados o río Tormes.

 El Escorial

 Salamanca


Poñemos rumbo a Portugal pasando por Ciudad Rodrigo onde paseamos pola muralla e quedamos a dormir.
Ciudad Rodrigo

Aveiro a Venecia portuguesa recíbenos como sempre preciosa, encántame este sitio.
 Aveiro




No hay comentarios:

Publicar un comentario