Costa da Morte
04/08/2011- Costa da Morte, provincia da Coruña, primeira parada Muxía, coñecida polo Santuario da Virxe da Barca. Largo paseo pola senda litoral da praia de Espiñeirido, dende aquí contemplase unha preciosa vista do pobo muxián.
Muxía
Praias de Muxía: Espiñeirido,Muiños, parada na do Lago con augas cristalinas e ares brancas, relaxación total e un paseo ata un faro pequeno no outro extremo da praia.
Praia do Lago (Muxía)
Ponte do Porto no interior da ría de Camariñas paisaxe de piñeiros polo que cruza o río Grande.
Ponte do Porto
Pernocta en Camariñas no porto pesqueiro, o día seguinte ata Cabo Vilán, o seu faro señala un dos tramos máis perigosos da Costa da Morte, pero tamén un dos máis famosos. Este sitio foi declarado Monumento Natural, areal virxe e rocoso (Praia do Trece), envolto nunha néboa espesa, casi fantasmal.
Camariñas
Cabo Vilán
Pedro do oso
Cemiterio dos Ingleses onde están enterrados172 homes que pertenecian o navío inglés Serpent que naufragou nesta costa no ano 1890.
Camelle coñecida polo orixinal museo do alemám "Man".
Camelle
Praia de Traba, enorme,agreste, salvaxe, para pasear e disfrutar en silencio, tan so o sonido do mar e as gaivotas. Visita a praia de Balares.
Praia de Traba
Pasando por Laxe, Ponteceso ata pernoctar no porto de Corme e á Punta Roncudo, chamada así polo ruído que fai o mar ó romper contra as rochas.
Punta Roncudo
Castro de Borneiro, xacemento arqueolóxico da cultura castrexa en Cabana de Bergantiños e o Dolmen de Dombate, monumento do neolítico.
Castro de Borneiro
Deixamos a Costa da Morte pasando antes por Buño, Ares, para dormir en Ferrol, logo o domingo imos a Mugardos, Valdoviño, á praia de Pantín, paraiso dos surfistas, ata Cedeira e á Punta Candieira. Aquí acaban os cinco días do noso recorrido na carriña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario