sábado, 26 de noviembre de 2016

El Jerte- Guarda (Portugal)

Semana Santa 2013. Pernocta en Plasencia. Losar de la Vera. Na falda sur da Serra de Gredos provincia de Cáceres, como aspecto a destacar de este pobo son os espectaculares xardíns, verdadeiras esculturas vexetais. Queremos facer sendeirismo pero o tempo non nos acompaña.

 Losar de la Vera

Cuacos de Yuste, capital administrativa da comarca de La Vera, co Monasterio de Yuste donde o emperador Carlos V decidiu pasar os últimos días, ten un rico entorno natural regado polo río Tietar.

 Cuacos de Yuste

Cruzamos ó val do Jerte por unha carretera estreita, pasando por Garganta la Olla e o porto do Piornal, queriamos ir a La Garganta de los Infiernos pero temos que deixalo para outra vez porque non para de chover. No val do Jerte as cerdeiras empezan a florear.

 Porto do Piornal


Valle del Jerte

Así baixa o río Jerte

Decidimos marchar, imos de volta por Portugal á cidade de Guarda.
Guarda está situada na Serra da Estrela, é a cidade máis alta de Portugal. Todo o centro histórico está protexido por murallas, portas e torres medieváis, ten unha catedral moi alta, inmensa, parece unha fortaleza.

 Guarda


Pernocta en Guarda e ata Viseu, outra cidade preciosa con aspecto medieval. Aquí din que naceu Viriato o heroe lusitano que luchou contra Roma alá polo século II a. C.. Fermosa Praza e atrio da Catedral, e algo curioso son os nomes das rúas Escura, da Árbore, Direita, Formosa...

 Viseu

Xa tirando para a casa, Vila Nova de Cerveira, sempre acolledora e tranquila. Largos paseos pola beira do Miño.

 Vila Nova de Cerveira



Antes unha paradiña en Cedeira.





No hay comentarios:

Publicar un comentario