Grándola
Unha paradiña en Sines, onde naceu Vasco de Gama. Esta cidade ten un dos portos máis grandes de Portugal.
Pernocta en Porto Covo, paraiso de ACs, é un simpático pobo de pescadores de casiñas baixas pintadas de cores brancas e azuis.
Porto Covo
Vila Nova de Milfontes, situada na desembocadura do río Mira está incluida no Parque natural do Suroeste Alentejano. Ten unhas praias preciosa, un sitio bonito para pasar o verán.
Vila Nova de Milfontes,
Lagos, camping turiscampo, dende aquí facemos un pouco de turismo pola zona, imos ata Lagos e a visita obrigada o cabo Ponta da Piedade e os preciosos acantilados desgastados polo océano.
Faro de Lagos
Ponta da Piedade
Pasamos dous días en Albufeira con uns amigos e acercámonos ata Vila Real de Stº Antonio e a disfrutar de unha estupenda comida en Olhao, maravilloso pobo de pescadores con moita vida local e comercial, pero da de verdade ,comercio tradicional. Faro, capital do Algarve, cidade tranquila,pausada,típica portuguesa.
Olhao
No hay comentarios:
Publicar un comentario