domingo, 27 de noviembre de 2016

Vila Nova de Cerveira

Maio 2013 Vila Nova de Cerveira. Xa falei algúnha vez desta pequena localidade portuguesa,que está nada máis cruzar a ponte internacional desde Goián en Pontevedra, pero é que non me canso de admirala, ten un encanto especial, pola tranquilidade, a pesar de ter un enorme mercadiño os sábados, é un pobo limpo,cuidado, amplio, con castelo, plaza da Liberdade, parque do Castelinho, igrexa de San Cipriano, rota de sendirismo a beira do Miño, auditorio, estadio....non lle falta de nada, esculturas polas rúas e parques, por algo lle chaman a cidade das artes, unha gran festa medieval. Sinxelamente precioso, espero que non cambie nunca.

Vila Nova de Cerveira


Vila Praia de Áncora, pobo mariñeiro e turistico, perfecto para disfrutar das súas praias e dunha boa comida a base de peixe.

 Vila Praia de Áncora



Forte da Ínsua visto dende Moledo do Miño


Rota Xixón- La Ñora

Abril 2013. Sendeirismo desde Xixón a praia de La Ñora, unha senda costeira bonita e sen dificultades, preciosos miradores.

 La Ñora


Libro

Hoxe recibín un libro que me fai sentir moi feliz. Grazas.


sábado, 26 de noviembre de 2016

El Jerte- Guarda (Portugal)

Semana Santa 2013. Pernocta en Plasencia. Losar de la Vera. Na falda sur da Serra de Gredos provincia de Cáceres, como aspecto a destacar de este pobo son os espectaculares xardíns, verdadeiras esculturas vexetais. Queremos facer sendeirismo pero o tempo non nos acompaña.

 Losar de la Vera

Cuacos de Yuste, capital administrativa da comarca de La Vera, co Monasterio de Yuste donde o emperador Carlos V decidiu pasar os últimos días, ten un rico entorno natural regado polo río Tietar.

 Cuacos de Yuste

Cruzamos ó val do Jerte por unha carretera estreita, pasando por Garganta la Olla e o porto do Piornal, queriamos ir a La Garganta de los Infiernos pero temos que deixalo para outra vez porque non para de chover. No val do Jerte as cerdeiras empezan a florear.

 Porto do Piornal


Valle del Jerte

Así baixa o río Jerte

Decidimos marchar, imos de volta por Portugal á cidade de Guarda.
Guarda está situada na Serra da Estrela, é a cidade máis alta de Portugal. Todo o centro histórico está protexido por murallas, portas e torres medieváis, ten unha catedral moi alta, inmensa, parece unha fortaleza.

 Guarda


Pernocta en Guarda e ata Viseu, outra cidade preciosa con aspecto medieval. Aquí din que naceu Viriato o heroe lusitano que luchou contra Roma alá polo século II a. C.. Fermosa Praza e atrio da Catedral, e algo curioso son os nomes das rúas Escura, da Árbore, Direita, Formosa...

 Viseu

Xa tirando para a casa, Vila Nova de Cerveira, sempre acolledora e tranquila. Largos paseos pola beira do Miño.

 Vila Nova de Cerveira



Antes unha paradiña en Cedeira.





viernes, 25 de noviembre de 2016

Mi planta de naranja lima

Título: Mi planta de naranja lima
Autor: José Mauro de Vasconcelos
Editorial: Libros del Asteroide
Año: 2011
ISBN: 9788492663439
Nº de páginas: 208

Para descansar de tanta viaxe un libro que me encantou, cheo de tenrura , precioso e triste. Cortiño pero intenso. Mellor lelo.

Lanzarote

Xaneiro-2013. Lanzarote. Hotel en Praia Blanca, desde aquí recorremos esta preciosa illa alquilamos un coche e a descubrir o terruño de César Manrique.
 Parque de Timanfaya, declarado Parque Nacional en 1974 de orixen volcánico, como toda a illa, paisaxe  insólito para unha galega, diria que non é deste mundo, raro e fascinante a vez.

 Praia Blanca

Timanfaya

Charco Verde

Los Hervideros

 Marína Rubicón

La Colorada

 Jardín de Cactus

Casa de César Manrique

Cesar Manrique artísta lanzaroteño que trasformou a illa en un destino turístico respetuoso ca paisaxe.

 Cueva de los Verdes

Jameos del agua

Visitamos a illa La Graciosa e despois en Orzola comimos unha estupénda parrillada de peixe e obserbamos a illa desde o Mirador del Río.
 La Graciosa

Mirador del Río

Teguise, antiga capital de Lanzarote, paseamos o seu singular mercadiño.

Teguise

Monumento al Campesino

Museo Agrícola

La Geria é unha zona declarada Parque Natural na que se produce sobretodo viño na variedade de Malvasía, pero con ese singular aproveitamento da terra, protexendoa do aire e conservando a pouca humidade de esta terra volcánica que a simple vista parece estéril.

La Geria

Por último, Arrecife a súa capital.




lunes, 21 de noviembre de 2016

O Carballiño-Chantada

Novembro 2012. Ponte de Santos. Pasando por Santiago, pernocta en Lalín imos o Carballiño entre a Serra do Faro e o río Arenteiro, conta con un dos parques naturais máis grandes de Galicia con unha rota de sendeirismo preciosa á beira do Arenteiro. Pazos, Balnearios, Templo de Vera Cruz, A Pena dos Namorados.... e o pulpo, non se pode pasar por aquí sin probalo.

 O Carballiño.

Pazos de Arenteiro, declarado conxunto histórico-artístico en 1973. Ponte Medieval, espectaculares casa señoriais con escudos eráldicos, pazo da Encomenda,  pazo de Cervela, pazo de Feixóo, pazo de Currelo, dos Tizón, de Laxas... viñedos,viñedos e máis viñedos... Unha paisaxe outoñal incrible, chea de cores roxas, pardas, amarelas e con moitos cogumelos a cal máis bonito e raro. Fermosísimo.




Pazos de Arenteiro




Pernocta e relax nas termas de Outariz en Ourense e logo Chantada, na falda da Serra do Faro. Pobo situado na beira do río Asma, ten un precioso casco unbán, pero sobretodo un parque e un paseo excelente que se presta para camiñar.