Xaneiro 2016. Mallorca, a illa máis grande do arquípelago balear, que bonito foi percorrer esta preciosa illa neste mes de xaneiro con poucos turistas e moi bo tempo.
A Catedral, monumento emblemático de Mallorca. Como un barco entrando na bahía de Palma.
Grandes artistas traballaron nesta maxestosa obra, Jaume Blanquer, Gaudí, Barceló...
San Francisco
O olivo centenario situado na Praza de Cort, frente o concello de Palma.
Marivent, residencia no verán da familia real.
Castelo de Bellver, fortificación de estilo gótico mallorquín, situado a tres quilómetros da cidade de Palma de Mallorca.
Porto de Palma
Son Marroig é unha casa museo catalogada como ben de Interés Cultural que foi propiedade do archiduque Luis Salvador de Austria(1847-1915).
Port de Sóller
Sóller,situado na costa noroeste da illa de Mallorca, famoso polo seu ferrocarril.
Paseo del Born, a rúa principal de Palma de Mallorca.
Covas de Hams
Porto Cristo
A octava maravilla do mundo as
Covas do Drach, e un paseo en barca polo lago Martel.
Mosteiro de Miramar, fundado por Ramón Llull no ano 1276, funcionou como escola de linguas orientais. Foi comprado polo archiduque Luis Salvador no 1876.
Valldemossa, na serra da Tramuntana coa famosa Cartuja que nos recorda á romántica parexa formada por Chopin e George Sand.
Alcudia.
Cabo Formentor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario