martes, 24 de enero de 2017

Andalucia-Cádiz

Vacacións de Julio 2015. Primeira pernocta en Mérida, no parking cerca do teatro romano, tranquilo e vas andando ata o centro e os monumentos máis coñecidos de Mérida. Desde aquí imos a Conil de la Frontera en Cádiz para pasar uns días de praia e sol, no camping La Rosaleda, precioso e moi cuidado. Conil de la Frontera, pobo de pescadores, turistico, situado na Costa de la Luz na provincia de Cádiz.



Sanlúcar de Barrameda, cidade gaditana asentada no estuario do río Guadalquivir, frente o Parque Natural de Doñana, declarada Conxunto Histórico ten moito que ver, que contar e que saborear. Pernocta no parking, cerca da praia, imos pasendo ata o centro . En Sanlúcar non marchar sen  probar, na Praza Cabildo a tortilla de camaróns, riquísima con unha copa de manzanilla.


 Sanlúcar de Barrameda





Chipiona, entre Rota e Sanlúcar encontramos este concello turistico  por excelencia, xa que posee varias praias ricas en iodo, e un enorme Faro emblema deste pobo.


 Chipiona



El Puerto de Santa María, cidade situada na bahia de Cadiz, o seu centro foi declarado Conxunto Histórico. É un lugar que nos ofrece cantidade de monumentos, bodegas, prais. Quedamos no camping Las Dunas de San Antón, preto da praia e do centro.




 El Puerto de Santa María




Regreso por Portugal. Setúbal, pernocta no aparcamento do porto pesqueiro. Un placer pasear e cear algún peixe a grella  nesta preciosa cidade situada no estuario do río Sado.


 Setúbal



Lisboa, a capital de Portugal na desembocadura do río Texo, como dí o refrán " quen non veu Lisboa non veu cousa boa", encántame. O espacio que ocupou a Expo 98 está cheo de edificios modernos, parques, sitios para o lecer e o deporte.


 Lisboa cosmopolita





 Lisboa decadente



Elevador de Santa Justa




 Lisboa moderna




 Fin da nosa viaxe, pernocta en  Arcade, no concello de Soutomaior na provincia de Pontevedra, na marxe esquerda do río Verdugo coa preciosa ponte medieval de orixe romano, Pontesampaio. Estamos na capital das ostras.



Arcade







No hay comentarios:

Publicar un comentario