jueves, 19 de enero de 2017

Acantilados de Loiba

Ó final do concello de Ortigueira, na provincia da Coruña, aquí están os acantilados de Loiba. Déixate levar polos cinco sentidos. Olla a imensidade da natureza, escoita o bramido do mar, cheira o seu perfume, toca ese vento do nordés frío e xeado, e respira forte, abre a boca que entre esa salitre que todo o inunda, logo, séntate nese famoso banco e déixate relaxar.






No hay comentarios:

Publicar un comentario