Puerta de Terrer. Calatayud
Calatayud
Parque Natural do Monasterio de Piedra. No término municipal de Nuévalos na serra do Sistema Ibérico está este lugar máxico, cunha paisaxe incrible, formada polo paso do río Piedra que dicorre entre cascadas, saltos de auga, colas de cabalo, grutas, lagoas... precioso, un lugar paradisíaco que se recorre en dúas horas e media. Dentro deste entorno está o Mosteiro Cisterciense, que se pode ver de forma libre ou con visita guiada e unha exhibición de aves rapaces.
Cascada Caprichosa
Despois dunha paisaxe maravillosa poñemos rumbo a Oliva, na comarca de La Safor, provincia de Valencia, sol e praia no Eurocamping, logo Calpe.
Calpe, municipio da comunitat Valenciana, esténdese a ambos lados da gran roca, símbolo e imaxen da Costa Branca, o Peñon de Ifach. Quedamos uns días na área de ACs Odissea Camper.
Cartagena na comunidade autónoma da Rexión de Murcia,con máis de 3000 anos de historia.
Esta cidade púnica, romana, militar e modernista ten moito que ofrecernos para ver, disfrutar e pasear, como nos gusta.
Quedamos na área de ACs e imos en bus ata ó centro.
De Cartagena voltamos para ir a Gandía, pero quedamos a pernoctar na área de ACs de Daimús que está cerquiña do pobo e da praia.
Gandía, tamén pertence á comarca valenciana de La Safor. Visitamos o Pazo Ducal, considerado unha das mansións máis importantes da Coroa de Aragón, a Colexiata de Santa María e a pasear polo casco urbano, cheo de xente buscando a sombra nos xardíns.
Gandía
No hay comentarios:
Publicar un comentario