lunes, 30 de enero de 2017

Illa de Arousa

Ponte das letras galegas 2016. Illa de arousa en familia.


 Illa de arousa 



viernes, 27 de enero de 2017

Andalucia - Malaga

Semana Santa 2016. Despois dunha pernocta en Mérida dirixímonos ata o camping Valle Niza en Benajarafe (Málaga), un bonito camping cerca da praia e con buses para visitar a cidade de Málaga e alrededores. Primeiro imos ata Nerja, na comarca da Axarquía en plena costa do sol, visitamos o pobo e o famoso mirador o Balcón de Europa, e logo as Covas, declaradas Monumento Histórico-Artístico en 1961 e posteriormente Ben de Interese Cultural en 1985.


Praia Valle Niza



Benajarafe





 Nerja.




Frigiliana, un pobo con encanto, dos pobos blancos máis bonitos de Málaga cerca de Nerja.


 Frigiliana




Málaga, milenaria e cosmopolita, esta cidade está preciosa, chea de monumentos e museos para visitar. A catedral, a Alcazaba, o castelo de Gibralfaro, paseo marítimo de La Farola, o Teatro Romano, Museo Picaso, Museo de Málaga, Museo Carmén Thyssen Málaga, Centro Pompidou....temos que volver.



 La Farola



 La Alcazaba






 Praia de La Malagueta



Praza de La Merced



A Catedral

Torre del Mar, cerca do camping donde estamos está este pobo turístico do concello de Vélez Málaga.


 Torre del Mar



Subindo xa para a casa paramos no Jerte para facer a rota de sendeirismo Los Pilones na Garganta de los Infiernos. É unha rota de 6,5 quilómetros de subida por pistas forestais, ata chegar a unhas piscinas naturais, con unhas paisaxes preciosas. A saída está no Centro de Interpretación de La Garganta de los Infiernos.


 Garganta de los Infiernos.Los Pilones.







jueves, 26 de enero de 2017

Mallorca

Xaneiro 2016. Mallorca, a illa máis grande do arquípelago balear, que bonito foi percorrer esta preciosa illa neste mes de xaneiro con poucos turistas e moi bo tempo.


 A Catedral, monumento emblemático de Mallorca. Como un barco entrando na bahía de Palma.


 Grandes artistas traballaron nesta maxestosa obra, Jaume  Blanquer, Gaudí, Barceló...






San Francisco


O olivo centenario situado na Praza de Cort, frente o concello de Palma.


Marivent, residencia no verán da familia real.





 Castelo de Bellver, fortificación de estilo gótico mallorquín, situado a tres quilómetros da cidade de Palma de Mallorca.






Porto de Palma



 Son Marroig é unha casa museo catalogada como ben de Interés Cultural que foi propiedade do archiduque Luis Salvador de Austria(1847-1915).






 Port de Sóller


 Sóller,situado na costa noroeste da illa de Mallorca, famoso polo seu ferrocarril.





Paseo del Born, a rúa principal de Palma de Mallorca.




 Covas de Hams 


Porto Cristo


 A octava maravilla do mundo as Covas do Drach, e un paseo en barca polo lago Martel.







 Mosteiro de Miramar, fundado por Ramón Llull no ano 1276, funcionou como escola de linguas orientais. Foi comprado polo archiduque Luis Salvador no 1876.







 Valldemossa, na serra da Tramuntana coa famosa Cartuja que nos recorda á romántica parexa formada por Chopin e George Sand.




Alcudia.




Cabo Formentor.


Nigrán

Setembro 2015. Nigrán.

 En familia no camping Praia América, está situado a 3 minutos da praia no concello de Nigrán, en Pontevedra,  moi bo para dar grandes paseos andando e en bici. Tamén temos cerquiña Baiona onde podemos ver unha réplica da carabela de Cristobal Colón "La Pinta", pois este porto foi o primeiro en recibir a noticia do descubrimento de América e o Parador-fortaleza de Monterreal, así como descubrir o seu centro histórico, declarado de interes histórico-artístico en 1993.





martes, 24 de enero de 2017

Andalucia-Cádiz

Vacacións de Julio 2015. Primeira pernocta en Mérida, no parking cerca do teatro romano, tranquilo e vas andando ata o centro e os monumentos máis coñecidos de Mérida. Desde aquí imos a Conil de la Frontera en Cádiz para pasar uns días de praia e sol, no camping La Rosaleda, precioso e moi cuidado. Conil de la Frontera, pobo de pescadores, turistico, situado na Costa de la Luz na provincia de Cádiz.



Sanlúcar de Barrameda, cidade gaditana asentada no estuario do río Guadalquivir, frente o Parque Natural de Doñana, declarada Conxunto Histórico ten moito que ver, que contar e que saborear. Pernocta no parking, cerca da praia, imos pasendo ata o centro . En Sanlúcar non marchar sen  probar, na Praza Cabildo a tortilla de camaróns, riquísima con unha copa de manzanilla.


 Sanlúcar de Barrameda





Chipiona, entre Rota e Sanlúcar encontramos este concello turistico  por excelencia, xa que posee varias praias ricas en iodo, e un enorme Faro emblema deste pobo.


 Chipiona



El Puerto de Santa María, cidade situada na bahia de Cadiz, o seu centro foi declarado Conxunto Histórico. É un lugar que nos ofrece cantidade de monumentos, bodegas, prais. Quedamos no camping Las Dunas de San Antón, preto da praia e do centro.




 El Puerto de Santa María




Regreso por Portugal. Setúbal, pernocta no aparcamento do porto pesqueiro. Un placer pasear e cear algún peixe a grella  nesta preciosa cidade situada no estuario do río Sado.


 Setúbal



Lisboa, a capital de Portugal na desembocadura do río Texo, como dí o refrán " quen non veu Lisboa non veu cousa boa", encántame. O espacio que ocupou a Expo 98 está cheo de edificios modernos, parques, sitios para o lecer e o deporte.


 Lisboa cosmopolita





 Lisboa decadente



Elevador de Santa Justa




 Lisboa moderna




 Fin da nosa viaxe, pernocta en  Arcade, no concello de Soutomaior na provincia de Pontevedra, na marxe esquerda do río Verdugo coa preciosa ponte medieval de orixe romano, Pontesampaio. Estamos na capital das ostras.



Arcade