jueves, 29 de septiembre de 2011

Zamora, Algarve.


2008. Zamora.
Zamora é unha cidade con un casco antigo declarado Conxunto histórico-artístico, está situada preto do río Duero, ten edificios románicos,catedral, muralla e castelo, está moi bonita, alí durmimos cerca da Universidade.


 30/08/2008. Badajoz, Portugal.
Baixamos pola rota da prata ata Badajoz. Paseamos polas rúas, Praza de Cervantes e a Catedral, despois entramos en Portugal. Visitamos Elvas, aparcamos casi encima da fortaleza e entramos por unha das portas da muralla que rodea a cidade. Ten unha praza con unha Catedral. Bonita. Á saida un Acueducto. Logo a Estramoz, pobo precioso con unha parte alta onde hai unha Torre. Praza con pelouriño. Pernocta en Évora.


Badajoz.


30/08/2008. Elvas, Estremoz.






 31/08/2008. Évora, Beja.

Évora, sempre bonita, Patrimonio da Humanidade, está chea de monumentos, Catedral de Santa María, Templo romano, Acueducto...Recorrendo o Alentexo, chegamos a Bejar, castelo, prazas e igrexas dignas de ver, alí comimos o bacalhao e frango con arroz.


 Évora






31/08/2008.Évora, Algarve.
Despois de Beja pasamos por Quarteira, gran praia, pero todo demasiado moderno. Vilamoura, impecable, verde e limpa ata o camping de Albufeira, alí quedamos ata o día 5 de setembro con uns amigos.

Albufeira é unha das cidades con mais alegria do Algarve, o seu centro hístorico está precioso para pasear e ten unha intensa vida nocturna con música en directo nas rúas, é ideal para desconectar.


Albufeira




03/o9/2008. Albufeira.

Imos a praia da Luz, paramos en Lagos, (visitar o interior da igrexa de Santo António, azulexos e dorados, impresiona, Forte Ponta da Bandeira), e comer a Carvoeiro, precioso pobo de pescadores.


Praia da Luz

04/09/2008. Albufeira.Praia da Illa de Tavira. Comida en Faro, (importante cidade turística con grandes monumentos,catedral e universidade).Visita o pobo de Ferragudo,( preciosa silueta na beira do mar).Noite en Albufeira.


Tavira


Faro



Ferragudo

05/09/2008. Aveiro.

Camping en Costa Nova. Tarde e cea en Aveiro, chamada a Venecia portuguesa,(polas canles que atravesan a cidade), tamen e digno de ver o barrio vello de Beira Mar, onde se conservan as casas tradicionais e os almacens de sal.



 05/09/2008. Vila Praia de Àncora, Baiona.
En vila Praia de Àncora un pobo de pescadores moi turístico, comimos e visitamos o forte de Lagarteira. Pernocta no camping de Baiona.


Vila Praia de Áncora

07/09/2008. Baiona, Santiago.

Baiona está preciosa. Visitar o castelo de Monterreal, recinto amurrallado que hoxe é o Parador de Turismo, pasear polas rúas estreitas do casco antigo entre casas blasonadas e soportales de pedra.

Baiona

No hay comentarios:

Publicar un comentario