


10/08/2007 Portugal.
Chegamos ó camping Monsanto relativamente cerca do centro pois temos que coller o bus para desprazarnos, imos ata a Praça do Comercio. Direi de Lisboa que me ten roubado o corazón, pois é unha cidade á que me encanta volver, góstame a súa luz dourada, as súas rúas antigas e estreitas, os seus cheiros, toda ela tan antiga e tan acolledora. Esta vez imos por Alfama no tranvía nº 28, subindo a tope de xente polo laberinto de rúas ata chegar o Castelo de San Xorxe, vista privilexiada, a Praça do Comercio,
a Baixa, o Convento do Carmo, a Sé e o Texo.
12/08/2007 Portugal.
Imos no metro ata o museo de arte moderno Calouste Gulbenkian . Logo pola Baixa e comer o bacahlao. A tarde Chiado e Barrio Alto, café na Brasileira xunto a Pessoa, Miradouro de Sao Pedro de Alcántara.



13/08/2007 Portugal.
Barrio de Belèm.
Torre de Belém, Monasterio de los Jerónimos, subir ó Monumento dos Descubridores e comer os famosos pasteis de Belém.


14/08/2007 Portugal.
Sesimbra é unha vila de pescadores que pertence o distrito de Setúbal con moito turismo, con pequenos restaurantes e unha gran praia. Aquí pasamos a noite, e logo de turistas, máis tarde acercámonos o Cabo Espichel. O cabo máis meridional da desembocadura do río Texo, ten uns impresionantes acantilados, un faro e o Santuario de Nosa Señora do Cabo Espichel. Marchamos a pernoctar o camping de Ericeira.

Sesimbra

Cabo Espichel.

Ericeira.
15/08/2007 Portugal.
Aveiro, tamen chamada "A Venecia de Portugal", está chea de canais e rúas pequenas, con cheiros a mar e a sal, é unha cidade preciosa.Pernocta na praia de Costa Nova, onde as casiñas están pintadas a raias.

Aveiro


Costa Nova
No hay comentarios:
Publicar un comentario