
Castela e León.
01/11/2007.
Fai un sol precioso e as vides teñen unha cor morada que se torna en dourada con tanta luz. Comida en Benavente e ata Guijuelo, terra de xamóns e embutidos. Pernocta en Béjar cerca dos xardíns e do instituto. A cidade de Béjar é como un barco varado entre as montañas.
Béjar
Castela e León.
02/11/2007. Puerto de Béjar, Hervás, Candelario.
Este fin de semana temos compañia e alquilamos unha casa rural en Puerto de Béjar, imos buscar a chave, chámase Casa Angela, ten a calefación a tope, é unha casa moi cuquiña, con tres habitacións, ten un pequeno xardín á entrada e por dentro está chea de pequenos detalles que a fan moi acolledora, imos buscar os amigos a Hervás, mentras tanto paseamos por este pequeno pobo cheo de encanto, con un barrio xudeo ben conservado, logo a comer, caldereta de setas, cabrito, pastel de noces,flan de castañas e pudin de figos, riquísimo. Paseo por Candelario (pobo precioso entre castaños e montañas), compramos embutidos e paleta de íberico. Cea en Casa Angela entre risas, canticos e contos.


Candelario

Puerto de Béjar
Castela e León.
03/11/2007. Puerto de Béjar, La Alberca.
Despois dun bo almorzo dirixímonos a Alberca, (gran área para aparcar).Está situada na serra de Francia, nunha paraxe de imcomparable beleza natural, con rúas e praza típica de arquitectura popular, paseámos e vimos o famoso porco que anda ceibo polo pobo. Comimos no Mesón de Mari-Luz,setas,solombo, requeixo e doce de castañas. Ruta de sendeirismo por Puerto de Béjar, (ruta del castañar), cea na casa e partido de futbolín pola noite nunha taberna do pobo.

La Alberca

04/11/2007. Granadilla, Coria, Cáceres.
Despedímonos dos amigos e seguimos a Granadilla, un pobo no que non vive ninguén, alá no quinto pino, amurallado, con castelo, cerca do pantano de Gabriel e Galán. Dehesa extremeña e parada en Coria, ten catedral. Paramos a comer cerca dun pantano e imos ata Cáceres, monumental preciosa. Pernocta nun área para AC. cerca do centro.

Granadilla,

Cáceres
05/112007.Plasencia, Valle del Jerte, el Barco de Ávila, Ávila.
Plasencia, catedral, paseo por a Praza Maior. Comimos cerca do pantano a saída da cidade. Valle do Jerte, precioso un val encaixado entre montañas e as ladeiras cheas de cerdeiras en escalóns, coma na Ribeira Sacra as vides. Cruzamos a Serra de Gredos por unha estrada chea de curbas ata o Porto de Tornavacas. Bonita vista do val do Jerte. Barco de Ávila, castelo,ponte romana, praza maior e compramos as xudias. Ávila, aparcamos nun parkin cerca da policia para pernoctar. Visita de Ávila ó anoitecer.

Plasencia

Vista do val do Jerte

El Barco de Ávila
06/11/2007.Ávila, Arévalo.
Despois de facer rotas para a bici polos arredores de Ávila, subindo os portos de Menga,Navalmoral, Villatoro comemos e paseamos polas murallas e polo centro de Ávila, esta cidade antiga e medieval está chea de arte, murallas,casa, pazos,conventos, templos...Pernocta en Árevalo.


07/11/2007.Arévalo, Medina del Campo, Tordesillas, Toro, León.
Medina del Campo, esta vila pertence a provincia de Valladolid, na beira do río Zapardiel ten unha Praza Maior moi espaciosa,Castelo da Mota. Tordesillas e Toro, este pobo si que me gosta, pasear pola rúa Maior. Tomamos a estrada a Villalpando onde comemos e despois a León, aparcamos no parkin de AC, sempre ten xente.León pola noite ten un ambiente estupendo.

Toro

Castela e León.
08/11/2007. León, Riaño, Cangas de Onís.
De León a Riaño, parada para ver o pobo e o pantano. Subida o Porto do Potón cara a Cangas de Onís polo desfiladeiro dos Beyos. Imponente, impresionante, non se pode contar, os matices de cores que hai nas árbores, é precioso.

Riaño

León.Asturias. 08/11/2007. Desfiladeiro de Los Beyos.


No hay comentarios:
Publicar un comentario