martes, 27 de septiembre de 2011

Cuenca. Valencia, Teruel, Zaragoza.




Cuenca. Valencia, Teruel, Zaragoza.
22/06/2008.Astorga.

Pernocta en Astorga , área de ACs cerca da plaza de touros.
23/08/2008. Cuenca.
Comida cerca do río Tajo (Fuentidueñas del Tajo). Paseo por Cuenca, entramos na Catedral (3 euros ), no Museo de Arte Moderno e fumos no tren turístico, logo quedamos a durmir no estacionamento que está cerca das casas colgantes.















Cuenca, Valencia, Teruel, Zaragoza. 24/06/2008.Cuenca.
Cidade Encantada, 6 euros, pero preciosa, como si fóramos ananos nun pais de xigantes. Serrania de Cuenca, en Las Majadas encontramos un señor que estivo na guerra no 36 en Vigo, contounos as penurias que alí pasou. Chegamos a Villa Gordo del Río Cabriel, durmimos no camping, non imos as Hoces, queda para outra ocasión, para eso temos que quedar no camping que hai antes de pasar as pontes da presa e logo coller sendeiros.


Cidade Encantada . Cuenca.





Río Cabriel


Cuenca, Valencia, Teruel, Zaragoza. 25.../06/2008. Oliva.
Toca descanso, quedamos no camping Kiko Parc en Oliva, unha noite 20,45 €, estaba cerca da praia, moi coidado.

Euro Camping en Oliva, mais familiar que o Kiko, igual cerca da praia, quedamos cinco días. Paseos en bici ata Font Salade, entre naranxos, a Ondara (centro comercial), por Oliva, e praia.


Oliva



01/07/2008. Valencia.
Parada en Gandía para repoñer alimentos, logo La Albufera, entramos no pobo de El Palmar, alí comimos unha paella e o alli-pebre, un pouco desilusionada porque crin que este pobo estaría cheo de cabaniñas típicas valencianas, parecido a Cañas y Barro, pero está cheo de restaurantes.

Camping Coll Vert na praia de Pinedo, cerca de Valencia, estaba limpo e coidado, aquí pasamos tres días e fumos en bus a Valencia, un día ver o centro hístorico, a subir o Miquelet, ver a catedral, o mercado...Outro día a Cidade das Ciencias, ó Oceanográfico e a casa das Artes e das Letras, grandes edificios futuristas do arquitecto Santiago Calatrava.

La Albufera


Valencia

Antigo mercado de abastos de Valencia

1.../07/2008.Cidade das Artes e das Ciencias. Valencia.



















04/07/2008. Teruel.

Parada para bañarnos na praia de Puçol, comer en Segorbe, aparcamos en Teruel cerca da Praza de Toros. Paseo polo centro hístorico e cea con queixos e xamón de Teruel na Praza do Torico. Góstame Teruel e a súa arte mudejar, imos ver os amantes.


Teruel




05/07/2008. Zaragoza.
Aparcamos cerca dun centro de saude na Praza da Ortilla, a mitade de camiño entre o centro hístorico e a Expo. Zaragoza está preciosa,chea de pontes e paseos, todo moi coidado. Da Expo o que me gosta son os edificios, o de España, o Pavillón Ponte e a Torre da Auga.




Expo de Zaragoza






06/07/2008. Haro.
Despois de visitar a Expo dirixímonos a Haro para pernoctar no camping e cear de pinchos polas rúas da Herradura.


07/07/2008. Bilbao.
Xa en Bilbao fumos a subir o monte Urkiola, Sopelana, Plenzia e pernocta en Bermeo.




Bermeo


08/07/2008.Castro-Urdiales, Laredo.
Praia e paseos, pernocta no camping Las Hortensias en La Franca, precioso.


Castro-Urdiales


Camping Las Hortensias

No hay comentarios:

Publicar un comentario