martes, 23 de agosto de 2011

17/4/2006 (Londres)

Londres
Co club ciclista tamén viaxamos a moitos sitios, pero non vou poñelos aquí porque non estan feitos na Carriña, pero hai unha viaxe que quero recordar. Foi na ponte das letra galegas, 17 de maio do 2006 con unha amiga moi querida a ver a filla a Inglaterra.
Saímos do aeroporto da Coruña para Heathrow. Chegamos sobre as 6 da tarde, estaban esperandonos e trasladamonos ata o pobo de Herne Bay no condado de Kent. O pobo é pequeno cheo de casiñas típicas inglesas, ten unha praia de cantos rodados. Todas as casas aunque pequenas teñen un xardín diante e outro pola parte traseira, todo ben organizado.
Xoves 18
Visita turística a Broadstairs (praias e casa de Charles Dickens). Ramsgate con porto deportivo. Canterbury donde entramos na catedral, con unhas vidrieras preciosas. Canterbury ten universidade e é moi bonito con un canal con barcas e patos.Comemos alí unha especie de empanadilla con carne. A noite ceamos nun precioso pub no centro, chámase igual que un bispo moi famoso aquí, non me acordo.
Día 19
Collemos o tren para Lodon e chegamos a estación Victoria, imos andando ó palacio de Buckingham e vemos o cambio de garda, desfile de soldados vestidos de roxo con gorros de pel de oso e con música,está a tope de xente.
Paseamos por St James Park ata Trafalgar, a columna de Nelson está tapada, alí está a Nacional Gallery pero non entramos. Cruzamos a ponte e vemos a London Eye (a noria). Volvemos a cruzar esta vez por Westminster Bridge e vamos ó parlamento co famoso Big Ben, é enorme.
Entramos na "Westminster Abbey", a abadia donde coroan ós principes ingleses. Esta chea de tumbas. Vemos a silla da coroación. Seguimos de paseo e cruzamos a ponte, esta vez por Lambeth Bridge, pasamos por diante do Lambeth Palace, Museum of Garden History e paramos a comer nun Magdonal, cerca do London Aquarium. Cruzamos o Tamesis por Westminster Bridge e no metro (compra de billetes con tarxeta para todo o día) imos a Tower Hill, vemos o Palacio da Torre coa famosa torre blanca, cruzamos por Tower Bridge, a famosa ponte da torre que se levanta para deixar pasar ós barcos.
Ó outro lado do Tamesis hai edificios novos de oficinas e un buque enorme da Segunda Guerra Mundial.Cruzar por London Bridge e ó metro para ir ó hotel "The Duke of Leinster Hotel", saímos na estación de Bayswater, zona de hoteles preciosos.
Deixamos as mochilas e volvemos ó metro para sair na estación de Oxford Circus, andando por Pegent Street ata "Picadilly Circus" ó centro de Londres. Luces de neón. Avenida Shaftesbury ata o "Soho", entramos un pouco nas primeiras rúas onde se ven os sexsop e as prostitutas nas portas, moitos locales de sexo. Logo o Barrio Chino, cheo de tendas e restaurantes ata Covent Garden onde ceamos, nun restaurante que fai esquina unha cea estupenda, aquí collemos o metro ata "Harros", grandes almacéns todos iluminados, xa estaba cerrado. Metro e hotel.
Día 20
Almorzo tipo buffé abundante. Estación de Baiswater ata Notting Hill, barrio chulisimo, casa con xardíns privados, paseando,paseando ata o mercado de Porto Velo, antiguedades,froita,....Volvemos a Notting Hill e seguimos ata entrar en "Hyde Park", un parque enorme donde está a casiña de Ladie Diana, lago con patos e cisnes, esquios super mansos..., andando a Hide Park Corner. Estatua de "Wellington Arch", outra vez Backingham Palas e a estación Victoria, tren a Herne Bay.
Descanso. Visita a Deal e a Sandwich (pobo medieval). Cea nun pub precioso cerca de Canterbury "Dog".
Día 21
Fin. Perdín as fotografias, non as atopo. Son algo desastre.Pero foi unha viaxe preciosa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario