Tour de Francia-Bordeaux.2006
Ás 9,30 h. comezamos a nosa primeira gran saída ata Hondarribia, aparcamos no parking frente a praia, 8€ por 24 h. Baño e paseo. Había unha banda de música esperando que chegaran os remeiros que acababan de gañar en Vilagarcía. A praza do concello estaba chea de xente.
Luns 10
Pasamos a fronteira rumbo ós Pirineos ata Lourdes, parada con paseo(todo como recordaba, cheo de enfermos e relixiosos facendo colas para a gruta).Comimos nunha área de descanso cerca de Lourdes e viñemos ó camping Internacional de Luz St-Sauveur, paseo e durmir.
Martes 11
Aparcamos en pleno ascenso ó Tourmalet nun prado con moitas vacas e ovellas. Había moitísimas ACs, fumos andando ó pico do Tourmalet, 2 km.

Mercores 12
Cada vez había mais ACs e xente acampada, gran ambiente bicicletero.
Subida en bici dende Esterre ata o pico. Qué cara de alegria e felicidade o chegar á cumbre.
A tarde unha pequena tormenta. Dedicámonos a mirar a paisaxe impresionante, as pequenas flores e algunhas marmotas que aparecia de vez en cando.
Mercores 13
Levantámonos e había mais de 100 ACs aparcadas por todo o contorno. Hoxe en especial toda a xente madrugou, o sol está precioso. Almorzamos e todos a colocar sillas, pancartas, tomar posicións á veira da carretera, está o trafico cortado e só suben e baixan ciclistas e camiñantes. Logo empezán a subir coches de marcas comerciales con música e tirando gorras, caramelos, chaveiros, pelotas, papeis de todas as cores.....A carretera convirtese nun anuncio publicitario. Así toda a mañá nun ambiente de xubilo, risas e aplausos. Sobre as 12,30 suben os ciclistas do Tour , todos aplauden, gritan animando ós corredores, parece duro, pero dura uns instantes. Acabouse, silencio,comer, recoller e marchas ordenadamente.

Collemos a autopista e na saída 6 deixámola para ir a Soustons.
Pernocta no camping Municipal l'Arial, estamos en plenas Landas francesas. Terreo chan con lagos e pinos, casiñas baixas, paraiso dos ciclistas, pois todas as carreteras e rúas teñen carril bici, ademais de númerosos recorridos largos e curtos. O camping está cerca dun lago, ten as prazas amplias, podense facer paseos preciosos, todo cuidado.
A mañá marchamos pola D652 pasando por Vieux-Boucau, onde damos un paseo e aproveitamos para ir á oficina de turismo. Esta zona é o paraiso das ACs, pasan centos.
Messanges, León, St. Girons, St. Julien en Bour ata Mimizan Plage, quedamos no camping De la Plage, enorme, cheo de xuventude. Antes en Contis Plage paramos a bañarnos e a comer.
Seguimos pola D652. Parentis en Bour e Biscarrosse, alí paramos nun super(pequeno percance coa a carriña, un arañazo, os franceses moi amables axudáronnos apesar da enorme calor).
En Biscarrosse Plage quedamos no camping dous días, é un camping grande con moita xuventude cerca dun pobo pequeno e da praia, baño, comer ,descansar.
A noite o pobo enchese de xente, tendas de artesania e de cachivaches, músicos, atracións de circo, pintores.
Pola mañá saída en bici por unha ruta cortiña de 4,5km. o lago "Etany de Cazaux et Sunguinet", baño e volta o camping, praia e paseo a noitiña.
Partimos a Arcachon, vemos a gran duna du Pilat e diriximonos o porto. Esta vila é moi turística, con casiñas preciosas, imos a oficina de turismo.

Arcachon

Arcachon
Montamos na Carriña e hacia Pyla, paramos cerca da praia, bañamonos e comimos debaixo das árbores. Desde Arcachon ten un paseo lorgo con pinos, un cespez ben cuidado e un carril bici todo o largo da praia, vese toda a baia e o Cap Ferret que é o pico que cerra. Está cheo de iates de recreo.
Chegamos a noite a Bordeaux, pernoctamos ó outro lado do río, na Bastida, cerca da igrexa.

Bordeaux
Madrugamos e paseamos o Bordeaux antigo, cruzando o Garona pola ponte de Pierre. Grandes edificios do seculo XVIII, Catedral, Marche des Grandes Hommes, Notre Dame, Ateneo, Gran Teatro, Galerias de Bordelaise, St Pierre, precioso, aberto, gustoume Bordeaux. Xa na Carriña cruzamos por St Pierre e fumos despacio todo o son do Garona, aquí entran grandes barcos.

Bordeaux
Marchamos pola autopista ata cerca de Bayonne, a Ondres Plage o camping Du Lac.
Mercores 19
Saída de Ondres a Bayonne, paramos nun super e aparcamos cerca do río ó lado dun xardin nun parkint público cerca da Oficina de Turismo.A 400m xa estaba a Catedral e o barrio vello, todo moi vasco, restaurantes e bares.

Bayonne
Biarriz, bonito, luxoso, xente impecable, tiendas caras, casino, todo carillo, pero encantador. O mellor a área de ACs, cerquiña do pobo e da praia.

Biarriz
Venres 21
De Biarriz a San Juan de Luz, toda a mañá paseando polo barrio antigo, a praia está a tope.

San Juan de Luz

San Juan de Luz
Carretera D918 a Cambo e logo a St Jean Pied-de-Port onde empeza o camiño de Santiago (puebliño precioso con unha fortaleza nun alto e as rúas típicas cheas de tendiñas na baixada).

St Jean Pied-de-Port
Roncesvalles un albergue e unha pequena ermida.
Bosque de Irati no camping de Orbaitzeta, amplio e bonito, como todo o Pirineo. Chegamos ata a fabrica de armas.
Pamplona, antiga e preciosa.

Pamplona
Valle del Baztan , Camping en Erratzu.

Valle del Baztan
Sábado 22
Irún, costa vasca por Zarautz, Getaria, Zumaia e a Laredo, pernocta cerca do polideportivo.

Irún
Domingo 23
De Laredo a Santander, camping Cabo de Peña, estivemos na praia pequeniña que esta preto do camping e logo paseo por Santander.

Comillas
Luns 24
Santander a Comillas, praia, comida e pola costa a punta de Oyambre ata San Vicente de la Barquera. Unquera e Cangas de Onis, sempre cerca do río Deva ata Panes e despois o Cares, este é un tramo de carretera que sempre nos gustou moito. Cea e pernocta en Cangas na área de ACs e a mañá para a casa.

Cangas de Onis
No hay comentarios:
Publicar un comentario