domingo, 21 de agosto de 2011

3ª saída 5/12/2005 ( Santander)






2005 Cavarceno (Santander). Chegamos a noite e durmimos na entrada do parque.Pola mañá visitamos os animais, pero facia moito frío, granizaba e estaban todos acurrucados. No lago vaciamos e limpiamos a Carriña nun área especial para autocaravanas.
En Laredo dimos un paseo polas rúas da praia, non habia ninguén. En Santoña aparcamos no paseo debaixo das árbores, fumos polo pobo pero non paraba de chover, non había outra máis que ir de tapeo e durmir. A mañá visitamos Noja, Isla, Cabo de Ajo, en Liendre camiñamos polas dunas entre os piñeiros, logo Suances. Todos eles pobos moi turísticos pero de inverno e con choiva era dunha quietude fantasmal. Dormimos no camping de Santillana del Mar.
Seguindo o río Nansa chegamos ata as covas de El Soplao, preciosas, distintas a Valporquero, as estalactitas son tan blancas que parece un ceo de Nadal. Pernoctamos no porto de Cudillero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario