1/10/2006 Reinosa
Benavente, lagoa de Villafáfila, Villalpando,Medina de Rioseco (conxunto histórico artístico) góstame a Rúa Maior cos soportales.
Palencia, dormimos na área de AC no outro lado do río.
Palencia, situada na Terra de Campos á beira do río Carrión, é unha cidade pequena pero con moitos monumentos, a Catedral é unha das máis grandes de España, pareceume ancha, plana, aberta e limpa con unha zona o longo do río moi coidada, o Cristo do Outeiro é unha das imaxes de Xesus máis grandes do mundo. Paseamos e compramos na praza de abastos, o día seguinte marchamos ata Dueñas (conxunto histórico artístico), igrexas e praza do pobo.
Frómista, por aquí pasa o camiño de Santiago, visitamos a igrexa de S. Martín.
Aguilar de Campo, fai moito frío, bonita praza con numerosos monumentos, o río Pisuerga, un castelo nun outeiro, moi turística, sobre todo para os deportes de inverno.
Reinosa, qué bonita, típica de cantabria coas enormes casonas antigas, durmimos o outro lado do río nun aparcamento público cequiña do centro. Subimos o Alto Campo, bonita subida para os ciclistas, arriba habia neboa.Imos ata Fontibre ver o nacemento do río Ebro.Cruzamos Reinosa e todo o son do embalse do Ebro, que grande, parece un mar. No alto de Escudo comeza a baixada moi pronunciada e con moitas curbas. Imos comer a Liérganes e aproveitamos para vaciar a Carriña, acercamonos a Santander e durmir no camping de Santillana.
San Vicente de la Barquera, o seu casco antigo foi declarado conxunto Histórico Artístico está situado na parte alta da vila. Comemos en Ribadesella, concello asturiano moi turistico, praia, montaña e o río Sella, precioso.
Pernocta en Xixón, sempre cheo de xente, pasendo, de compras, de tapeo, todo perfecto e ata outra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario