

17/06/2007 Italia
Saída rumbo a Carcassonne, chegamos ás 9,30, aparcamos nun área de ACs cerca de La Cité. Paseamos polo castelo, xa era noite e habia moitos restaurantes pequenos iluminados con velas e luces de cores.
Carcassonne
18/07/2007 Italia.
Carcassonne-La Spezia.
Pasamos por Cannes, Nice, Monte Carlo, San Remo, esta autoestrada está chea de túneles. Aquí o terreo e moi escarpado, con sasiñas pola montaña arriba e todas pintadas en cores ocres. Pernocta nun camping de La Spezia.
19/07/2007 La Spezia- Roma.
Paramos en Pisa para admirar a praza coa Torre inclinada,o Duomo e o Batisterio. Paseamos ata o río Arno. Chegamos o camping Flaminio Village, de Roma, bonito, novo e amplio

Pisa


El río Arno a su paso por Pisa.
0/07/2007 Roma.
Tren ata Vía Flaminio, enfrente está a Piazza del Popolo, un pouco máis adiante está a Piazza di Spagna, imos paseando pola Vía del Corso (chea de tiendas) a fontana de Trevi. Piazza de Venezia, Vía dei Fiore Imperiali, Foro Romano, arco de Constantino e alí está, impresionante o Coliseo, entramos, grandioso, sin palabras. Despois acercámonos a San Pietro in Vincoli para admirar o maravilloso coloso, Moises de Miguel Anxo. Impresionante. enorme, belisimo.

Moises de Miguel Anxo.

Arco de Constantino.

Coliseo.

La Fontana de Trevi
21/07/2007 Roma.
Saída cara o Vaticano. O bus para na V. della Conciliazione, esta rúa ancha na que paran os buses lévanos directo a Piazza de San Pietro, as columnas de Bernini abrazante nuha enorme praza con 140 estatuas de santos, unha lousa branca señala o punto de observación onde as columnas sobrepóñense e parecen unha soa.

Piazza de San Pietro

Poñémonos á cola pola dereita da praza para ver a enorme Cúpula, 320 escalons despois de ir en ascensor un cacho e vemos a Cúpula por dentro, esto si que impresiona, ademais de preciosa, obra de Miguel Anxo, miras abaixo á Basílica e ves a xente pequeniña. Arriba ves toda a cidade de Roma.
Na Basílica, o primeiro a dereita a Piedade de Miguel Anxo, protexida por un cristal. No centro o Baldaquino de Bernini, colosal, debaixo está o sepulcro do Primeiro Papa de Roma. As columnas salomónicas parécenme máis grandes do que imaxinaba, pero sobre todo o que me sigue impresionando é a enorme Cúpula de Miguel Anxo, cun diámetro de 44m, altísima. Despois de ver a estatua de S. Pedro esculpida por Arnolfo di Cambio co pé roido de tantos bicos de peregrinos e demais monumentos funerarios dos papas, saímos e vamos rodeando a muralla vaticana ata chegar os Museos do Vaticano, entramos por largos pasillos cheos de estatuas, tapices,pinturas, a estancia de Rafael, ata chegar a Capela Sixtina, o primeiro darnos a volta para admirar o xuicio final, e nas paredes diversas pinturas de Perugio, Pinturicchio, Boticelli, Rosselli...A bóveda é a gran atracción, pintada por Miguel Anxo, alí está a famosa creación do Sol e a Lúa, a Creación do Home, o Pecado Orixinal, o Diluvio, etc. Enormes tesouros alberga o Vaticano. Comemos nun sel-servi.

Vía Conciliacione e torcemos a esquerda para contemplar o Castel Sant' Angelo, cruzamos a ponte pasando por o mausoleo de Augusto a Piazza del Popolo e o tren.

Castel Sant' Angelo,
22/07/2007 Roma.
Paseos pola cidade, Piazza Novona,Panteón, o Pincio....Sobran as palabras.

Piazza Novona


O Panteón.

23/07/2007 Roma- Florencia.
Camping Michelangelo, comer e paseo,baixando unha gran escalinata chegamos por unha porta o barrio antigo, cruzamos a Ponte Vecchio e imos directo a Galleria Uffizi, despois de pagar 10 € de entrada cada un, había cola, pero é maravillosa, gran colección de pinturas, entre elas a mítica Venus de Boticcelli, pinturas de Rafael, Perugio, Leonardo da Vinci, Rubens, Goya, Caravaggio....Seguimos polas rúas peonís ata chegar o Duomo, enorme catedral co campanille, todo grandioso. Imos a Galeria de la Academia para ver o David de Miguel Anxo. Na praza de la Sighoria está a Loggia onde vemos o Perseo de Donatello. Cerraron cedo porque hai unha maratón, ceamos unha pizza e un xelado xigante. Xa tarde cruzamos a Ponte Vecchio para volver e encontramonos que está ateigada de xente, no medio uns cantantes , máis adiante outro tocando o piano, outros rock and roll. Gran ambiente nocturno ás duas beiras do Arno. Dormir.

Florencia

Catredral de Florencia


24/07/2007 Venecia.
Aparcamos no parking de Tronchetto, logo movémonos nos vaporettos (barcas que fan de autobuses), 6€ cada un, dende Tronchette a San Marcos, imponente praza, o primeiro subir o Campanille 6€, Toda Venecia a unha altura de 100 m. Pazo Ducale 13€, moitas pinturas do renacimento italiano, parecido o dos Uffici de Florencia. Baixando ás prisións está a Ponte dos Suspiros, onde dicen que os reos vían por última vez o mar e o ceo. Paseamos de San Marcos a Ponte de Rialto, marabunta de xente, chea de grandes tiendas. Cruzamos a Campo di San Polo e logo a Piazzale de Roma e ata Tronchetto camiñando.





25/07/2007 Venecia.
Billetes para todo o día no vaporetto, aunque creo que non paga ninguén, igual pasa en Roma nos buses, imos de Tronchetto a San Marcos, entramos na Basílica, entrada 1,50€, tápanme as pernas e os ombros con unhas telas de cor laranxa. Basílica preciosa, con moitos mosaicos, (bizantina). Subimos ó 2º piso por 3€ máis, preciosas vistas de Venecia e o museo cos famosos cabalos en cobre dourado. Bonita vista da Praza de San Marcos.Perdémonos pola cantidade de rúas pequeniñas que hai ata coller o vaporetto en Fon Novoa, para ir a illa de Murano, alí, imos como pardillos todos os turistas por onde nos indican, unha fabrica onde, en italiano, nos explican como se fan as vasillas soplando o vidrio quente. Compramos un cinceiro 14€. Museo do vidrio, moi interesante, a illa é moi bonita e esta chea de tiendas, compramos pendientes, anel e pulsera, algo para recordar, comemos pasta nun bonito restaurante, nunha praziña. Volvemos en vaporetto e baixámonos en Sta. Marta para pasar a tarde no Dorsoduro, un barrio cheo de artistas, estudiantes, todo relacionado co arte, imos o Museo Guggenheim. Paseando ata a Praza de Sta. Margarita,Ponte de Rialto, a ponte máis antiga que cruza o Gran Canal. Venecia é, como si entrara nun conto de fadas, un lugar de fantasía. Vaporetto para Tronchetto.



El Campanile.

Murano.
26/07/2007 Venecia-Peschiera.
Saímos de Venecia o Lago di Garda, quedamos en Peschiera no camping Batterfly, limpísimo e precioso,cerca dunha praia de areas gordas onde se bañan os patos e unha familia de cisnes branquísimos. Pechiera é un pobo moi bonito con rúas peatonales con tiendas e flores por todas partes, situada na beira do lago ten moitas embarcacións de recreo.


27/07/2007 San Remo.
San Remo, camping Villagio dei Fiori a 2km. da cidade, un paseo o centro. O camping ten unha pequena praia. A cidade é como de outra época, chea de antigos hoteles, praia, xardíns...


27/07/2007 Empuriabrava, Laredo,Cangas de Onís.
Camping Amberes, xa na costa brava quedamos tres días, esta zona e moi bonita, perfecta para descansar, pois xa a coñecemos de outras veces.
En Laredo quedamos a pernoctar un día, e outro en Cangas de Onís.
Os lagos de Covadonga, sempre preciosos.
