jueves, 29 de marzo de 2018
Recordos
Hoxe 29 de marzo, Semana Santa toca recordos, por motivos familiares non puidemos sair na Ac, nin por santos, nin por carnavales, nin agora en Semana Santa. por eso penso nas saidas que faciamos con quince días de vacacións na caravana e de camping, unha semana pasabamola recorrendo sobre todo os Pirineos e outra de descanso polo Mediterraneo. Así nos enamoramos da montaña. Alberto na bici subindo portos míticos: Portalet, Tourmalet, Bonaigua, la Molina.......e logo facíamos rotas, nos non coñeciamos o sendeirismo, so iamos como tanta xente dar grandes paseos polo monte así disfrutamos en Navarra polos vales do Baztan, Bosque de Irati, Roncesvalles, subir polo val de Salazar e baixar polo Roncal. En Aragón o val de Ansó e de Hecho. En Biescas, Torla ir o val de Ordesa ata a cola de cabalo.As rotas do Canon de Añisclo, do val de Pineta. Xa en Cataluña o val de Arán o parque de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici, a Cerdanya , Cadi- Moixeró, Camprodón ata cap Creus. Tantas rotas que fixemos por eses montes tan maravillosos. Saíamos de mañá, levábamos a mochila e non voltabamos ata a tarde. Grandiosos Pirineos, temos que voltar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario