Dende o camping O Muiño en Oia percorrimos A Guarda e o monte Santa Tegra, para disfrutar en familia das vistas e o castro, outro día dedicámolo a facer a rota de sendeirismo de Mougás, logo por Baiona subimos ata a Virxe da Rocha. Praia, en Portonovo, no camping Baltar.
Santa Tegra (A Guarda)
Oia, fermoso concello de Pontevedra: O grandioso Mosteiro de Santa María, a rota Máxica de Mougás (as pozas, petroglifos,recinto fortificado da Cabeciña),construccións tradicionais da arquitectura tradicional galega, restaurantes moi acolledores na beiriña do mar e unhas postas de sol impresionantes.
Conta unha vella lenda de Oia, que na ladeira de Cano dos Mouros, existe unha rocha coñecida como a pedra do Rei Sol, dende a que un monarca de tempos moi antigos adoraba ao astro rei durante o serán.
Calqueira que contemple unha posta de Sol na costa de Oia, compartirá a actitude do Rei Sol, xa que lle embargará tal cúmulo de sensacións, ante o espectáculo do Sol poñéndose sobre unha liña do horizonte que ás veces se confunde entre o mar e o ceo, e a masa oceánica en movemento desfacéndose en millóns de gotas de espuma, que para sempre deixará unha parte do seu corazón neste lugar
Camping O Muiño
Rota Máxica de Mougás
En Baiona subimos ata o monte Sansón para ver a Virxe da Rocha, monumento construido en granito polo arquitecto porriñés Antonio Palacios, ten 15m de altura .Dende a barca-mirador contémplanse unhas excelentes vistas da ría de Vigo co as illas Cies e a costa de Baiona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario