Praias fermosísimas.
Xa solos, percorremos a península do Morrazo en Pontevedra, primeira parada Bueu, un pobo eminentemente pesqueiro con estupendas praias.
Bueu
Paseo e praia ata o cabo Udra que pon fin a ría de Pontevedra para dar comenzo a ría de Aldán.
Aldán , un pobo tranquilo e precioso para ir de praias e facer rotas de sendeirismo. Quedamos na área de ACs "Camping-car Aldán" cerca da praia de Arneles.
Aldán
Cruceiro de Hío, ubicado no atrio da igrexa de San Andrés na parroquia de Hío, construido nun só bloque de pedra, é unha das grandes maravillas etnográficas do patrimonio galego.
Logo de descansar imos facer a rota de sendeirismo por A Costa da Vela, un auténtico paraiso na punta da península do Morrazo, 12 quilómetros de bonitas paisaxes con vistas á ría de Vigo , coa sensación de que podes tocar as illas Cies que se encontran tan preto, que parece que podes ir a nado. Tres famosos faros protexen esta ría, Faro de Cabo Home, Faro de Punta Robaleira e Faro de Punta Subrido.
A rota comeza en Donón na Caracola, escultura de Lito Portela, bo sitio para aparcar. Comezamos camiñando por unha pista ancha ata que nos acercamos os faros de Cabo Home e Punta Robaleira, logo pasamos pola Praia de Melide, salvaxe, de area branca e augas cristalinas ata a punta Subrido, vemos a Praia de Barra e deixando a costa subimos o Monte Facho, lugar sagrado dos pobos prehistóricos, alí encontramonos con un castro e as mellores vistas das Rías Baixas.
Rota Costa da Vela, ó fondo o Monte Facho
Os faros, ó fondo as Illas Cies.
Punta Robaleira
Faro de Cabo Home
Punta Subrido.
Monte Facho
Acabando esta saida parada e pernocta en Portonovo, na comarca do Salnés, na ría de Pontevedra, cerca da praia de Baltar, e visita o pobo máis turístico de Galicia, Sanxenxo.
Portonovo
Sanxenxo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario