viernes, 17 de febrero de 2017

Parque de Peneda-Geres

Ponte de Santos. Novembro 2016. Primeira parada termas de Outariz en Ourense, sendeirismo pola beira do Miño, relax nas termas e pernocta. De mañá comezamos o noso itinerario polo Geres. Paramos a tres quilómetros de Bande (Ourense) para ver o xacemento romano Aquis Querquennis, situado a carón do río Limia e o pantano de As Conchas. Entramos polo Centro de Interpretación Aquae Querquennis-Vía Nova, imos ver as ruinas dun campamento militar romano que posiblemente controlaba a Vía Nova que vai de Braga a Astorga, foi levantado durante o Principado de Vespasiano (69-79 d. C.) e abandonado en torno ó 120 d. C. A Cidá, como chaman a este campamento está moi ben conservado, vense as murallas, as portas, barracóns...a grandeza do Imperio Romano.
No concello de Bande visitamos a igrexa visigoda que data do século VII, de Santa Comba de Bande, declarada Monumento Nacional en 1921, apenas podemos vela porque estaba en obras con andamios por todas partes e é tan pequena, pero parece preciosa, outra vez será.


 Centro de Interpretación Aquae-Vía Nova



 Xacemento romano Aquis Querquennis


Seguimos pola comarcal  OU 540 rumbo o Geres, paramos en Lobios para ver as termas e logo, deixando a comarcal que vai ó pantano de Lindoso collemos unha carretera estreita que nos leva ata Portela do Home, así entramos en Portugal, no Parque Nacional de Peneda-Geres. Aquí a carretera casi é un camiño asfaltado, pero precioso, como si entraras nun bosque encantado, será porque estamos no outono e as árbores teñen esa cor especial  e a auga baixa en cascadas pequenas, enchendo a senda de beleza e música. Dou grazas porque non ven ningún coche en sentido contrario, paramos no alto, Portela de Leonte e logo ata  Geres, pobo moi coñecido polas famosas termas e o balneario. Outra parada para encontrarnos co río Cávado, bonitas vistas e ata Braga.


 Antiga aduana en Portela do Home




Portela de Leonte



Braga, unha das cidades máis antigas de Portugal, coñecida como a cidade dos arcebispos, é tamen a terceira máis poblada do pais. Un casco histórico que invita a pasear e descubrir a cantidade de monumentos, Catedral, Pazo do Raio, Pazo Episcopal, Convento do Pópulo, Igrexa de Santa Cruz, Igrexa do Hospital de San Marcos, Igrexa dos Congregados..., pero ademais é unha cidade nova, dinámica, moderna, por eso esta vez non imos subir o Bom Jesus do Monte nin a Santuario de Sameiro, quedaremos disfrutando das rúas e o mercadiño. Para pernoctar eleximos o camping Braga que está a un paso da cidade.





Pazo do Raio


 Mercadiño de Santos

Igrexa Hospital de San Marcos


Pazo Episcopal de Braga







No hay comentarios:

Publicar un comentario