No concello de Bande visitamos a igrexa visigoda que data do século VII, de Santa Comba de Bande, declarada Monumento Nacional en 1921, apenas podemos vela porque estaba en obras con andamios por todas partes e é tan pequena, pero parece preciosa, outra vez será.
Centro de Interpretación Aquae-Vía Nova
Xacemento romano Aquis Querquennis
Seguimos pola comarcal OU 540 rumbo o Geres, paramos en Lobios para ver as termas e logo, deixando a comarcal que vai ó pantano de Lindoso collemos unha carretera estreita que nos leva ata Portela do Home, así entramos en Portugal, no Parque Nacional de Peneda-Geres. Aquí a carretera casi é un camiño asfaltado, pero precioso, como si entraras nun bosque encantado, será porque estamos no outono e as árbores teñen esa cor especial e a auga baixa en cascadas pequenas, enchendo a senda de beleza e música. Dou grazas porque non ven ningún coche en sentido contrario, paramos no alto, Portela de Leonte e logo ata Geres, pobo moi coñecido polas famosas termas e o balneario. Outra parada para encontrarnos co río Cávado, bonitas vistas e ata Braga.
Antiga aduana en Portela do Home
Portela de Leonte
Braga, unha das cidades máis antigas de Portugal, coñecida como a cidade dos arcebispos, é tamen a terceira máis poblada do pais. Un casco histórico que invita a pasear e descubrir a cantidade de monumentos, Catedral, Pazo do Raio, Pazo Episcopal, Convento do Pópulo, Igrexa de Santa Cruz, Igrexa do Hospital de San Marcos, Igrexa dos Congregados..., pero ademais é unha cidade nova, dinámica, moderna, por eso esta vez non imos subir o Bom Jesus do Monte nin a Santuario de Sameiro, quedaremos disfrutando das rúas e o mercadiño. Para pernoctar eleximos o camping Braga que está a un paso da cidade.
Pazo do Raio
Mercadiño de Santos
Igrexa Hospital de San Marcos
Pazo Episcopal de Braga