Praia de Miramar
Paramos en Válega no concello de Ovar para ver outra curiosidade. A igrexa deste pequeno pobo e unha verdadeira obra prima da arte da pintura dos azulexos. Toda a fachada está chea de azulexos policromados, e non só eso, pois enfrente está o cemiterio cas fotografias dos difuntos que parece que están controlando coas súas miradas quen entra e quen sae. Estaban de festa.
Válega
Aveiro, para pernoctar un lugar perfecto.
Desde Aveiro visitamos a famosa Fábrica de Porcelana de Vista Alegre en Ílhavo , non só é unha fábrica, senón un conxunto monumental que se pode visitar, ten museo,xadíns, tenda, igrexa, vivendas...como un pequeno pobo.
Fábrica de Porcelana de Vista Alegre
Paramos en Ílhavo e logo a Gafanha de Nazaré, están na festa do bacalao. Gafanha ten un barco museo que se pode visitar, tamén están as salinas e un faro que, xunto co da Barra, señalan a entrada da ría de Aveiro.
Gafanha de Nazaré
Deixamos Aveiro e imos a Reserva Natural das Dunas de Sao Jacinto, esta península dunar por un lado ten o Océano Atlántico e polo outro o canal de Ovar na ria de Aveiro.
Sao Jacinto é un pobo pequeno de pescadores no final da península, un pouco máis grande é Torreira con dúas praias, unha oceánica e outra na ría, esta última está preciosa en marea alta.
Sao Jacinto
Praia de Torreira
Antes de voltar para a casa uns días na Illa de Arousa. Un paraiso para visitar e perfecto para camiñar, o Faro de Punta Cabalo, o Mirador O Con do Forno, Parque Natural do Carreirón, Muiño das Mareas...e praias preciosas, encántame este sitio.
Illa de Arousa
No hay comentarios:
Publicar un comentario