Carnaval 2014. Porto, a segunda cidade máis grande de Portugal, nunca nos cansamos dela, paseala e a mellor forma de disfrutala. O seu centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1996. As súas pequenas rúas, o mercado do Bolhao, o barrio da Ribeira, cruzar a Ponte de Luis I para ir a Gaia tomar os famosos viños de Porto, un paseo en barca polo Douro, subir a Torre dos Clérigos e comtemplar toda a cidade,unha visita a Catedral, a estación de Sao Bento cos preciosos azulexos, tomar un pastel no café Majestic, ir de compras pola rúa Santa Catarina, non sei, tantaos sitios.
Esta vez pernoctamos no Parque Biolóxico de Gaia e dende alí collemos o bus.
O Parque Biolóxico ten parcelas para ACs e logo podes entrar ó recinto. É un pequeno zoo cuns poucos animais nun bonito bosque con arquitectura tradicional portuguesa, interesante de ver e da gusto pasealo.
Parque Biolóxico de Gaia
Estación de Sao Bento
No hay comentarios:
Publicar un comentario