25/06/2013 Despois de unha pernocta en León dirixímonos ata o lago de Banyoles en Girona, é o lago máis grande de Cataluña. Bonito sitio para camiñar e dar pedal, e para practicar actividades dentro do lago.
Lago de Banyoles
Para dormir eleximos unha población moi turística grazas a súa arquitectura medieval, Besalú. Din que é un dos pobos máis bonitos de España, foi declarado Conxunto Histórico Nacional, está situado na Comarca da Garrotxa en Girona, con rúas empedradas unha ponte para cruzar o río Fluviá, un muiño antigo, sinagoga, hospital de Sant Juliá, Plaza da Llibertat...
Besalú
Decidímos pasar uns días en Roses no camping Joncar Mar, tranquilo cerquiña da praia e do centro de Roses, todo andando, un paseo.
Roses pertence a comarca do Alto Ampurdán, na Costa Brava, ten unha praia preciosa de area fina, dous portos (pesqueiro e deportivo), hoteles, un gran paseo, todo moi turístico, pero afable e tranquilo.
Roses
Logo de acercarnos a Cap de Creus imos a S. Pere de Rodes, un monasterio benedictino construido na falda dunha montaña cunhas vistas preciosas da Costa Brava.
S. Pere de Rodes
Quedamos a pernoctar nunha área, más que camping, podria decir, en El Port de la Selva. Pequeno pobo de pescadores con casiñas brancas nunha bahía natural ó abrigo das montañas.
El Port de la Selva.
Pasamos a Francia cruzando Portbou, zona fronteiriza con unha gran estación internacional de ferrocarril que nos fai recordar a cantidade de exiliados que pasaron por aquí despois da guerra do 1936.
Portbou
Francia, Collioure, quedamos en un aparcamiento no que tamén se pode pasar a noite e logo baixamos a este precioso pobo nun autobus que sube e baixa cada pouco tempo.
Collioure, pertence a comarca do Rosellón, pobo de pintores, galerias de arte,ateliers, flores,está cheo de arte,pequeno pero con esa luz especial que o consagrou para ser pintado, tamén foi Antonio Machado quen no exilio o elixeu para morrer.
Collioure
Collioure
Parada en Perpignan, capital do Rosellón, pasamos ó centro histórico cruzando El Castillet. a porta máis famosa para ir ó centro neurálxico da cidade a Plaza da República, a Catedral de Saint Jean Baptitse, Pazo dos Reis de Mallorca, o Concello....Algo que me sorprende é o catalans que son aquí, as rúas, as bandeiras, a forma de falar, parece que estás no interior de cataluña.
Perpignan
Vixiando a chaira do rosellón visitamos o Castelo de Salses, un forte construido polos Reis Católicos para protexer a fronteira con Francia, agora é un museo que se pode visitar facilmente sin apartarse da autopista.
Castelo de Salses,
En Salses son moi famosos os melocotóns.
Pernocta en Leucate, porta de entrada o Parque Natural Rexional de Narbona no Mediterraneo, en un área para ACs, no medio das dunas cerca da praia.
Leucate
Narbonne, situada no departamento de Aude, ten raices romanas, pódese ver na praza, frente o Concello, un trozo da via romana que a cruzaba. Ten o famoso canal de Midi, Canal de la Robine, Patrimonio de la Humanidad, Mercado de Abastos, Catedral de San Xusto e San Pastor, o Pazo dos Arzobispos, a Porta da Ancla, ..
Narbonne,
Por último Carcassonne,capital do departamento de Aude, imos o camping, que está situado moi preto da Cité e da cidade, un percorrido precioso para visitar todo.
La Cité ou Ciudadela, declarada Patrimonio da Humanidade, está protexida por unha doble muralla e dentro encontrase un conxunto histórico que nos introduce nun impresionante pobo medieval.
Carcasonne, a cidade nova é moi bonita, coa Catedral, a Basílica de San Nazaré, e o famoso Canal de Midi, vía navegable que vai dende Burdeos ata o Mediterráneo, ten moitas zonas verdes, as rúas son como cadrados con moitas tendas e restaurantes.
La Cité
Paseo que nos leva o camping
Carcassonne
Recorrendo a parte sur de Francia , entramos por Irún ata o camping do Río Purón en Llanes (Asturias), onde damos por finalizadas estas vacacións do verán.