jueves, 11 de mayo de 2017

Oia-Portonovo

Semana Santa 2017. En familia , A Garda, Oia, Baiona e Portonovo.

Dende o camping O Muiño en Oia percorrimos A Guarda e o monte Santa Tegra, para disfrutar en familia das vistas e o castro, outro día dedicámolo a facer a rota de sendeirismo de Mougás, logo por Baiona subimos ata a Virxe da Rocha. Praia,  en Portonovo,  no camping Baltar.

Santa Tegra (A Guarda)


Oia, fermoso concello de Pontevedra: O grandioso Mosteiro de Santa María, a rota Máxica de Mougás   (as pozas, petroglifos,recinto fortificado da Cabeciña),construccións tradicionais da arquitectura tradicional galega, restaurantes moi acolledores na beiriña do mar e unhas postas de sol impresionantes.






Conta unha vella lenda de Oia, que na ladeira de Cano dos Mouros, existe unha rocha coñecida como a pedra do Rei Sol, dende a que un monarca de tempos moi antigos adoraba ao astro rei durante o serán. 

Calqueira que contemple unha posta de Sol na costa de Oia, compartirá a actitude do Rei Sol, xa que lle embargará tal cúmulo de sensacións, ante o espectáculo do Sol poñéndose sobre unha liña do horizonte que ás veces se confunde entre o mar e o ceo, e a masa oceánica en movemento desfacéndose en millóns de gotas de espuma, que para sempre deixará unha parte do seu corazón neste lugar




 Camping O Muiño




Rota Máxica de Mougás






En Baiona subimos ata o monte Sansón para ver a Virxe da Rocha, monumento construido en granito polo arquitecto porriñés Antonio Palacios, ten 15m de altura .Dende a barca-mirador contémplanse unhas excelentes vistas da ría de Vigo co as illas Cies e a costa de Baiona.




  

miércoles, 10 de mayo de 2017

Carnaval 2017

Saimos para Ourense, parando no embalse dos Peares para comer e logo dirixímonos as Termas de Outariz. Unha viaxe relaxante tanto pola paisaxe como polo circuito termal que veu despois.



 Ourense


Termas de Outariz


De Ourense imos camiño de Portugal pasando por Salvaterra de Miño , cruzamos a ponte ata Monçao. Salvaterra de Miño é un concello da Provincia de Pontevedra, está pegado o río Miño , ten un castelo e un parque precioso donde aparcar as ACs.


 Salvaterra de Miño




Monçao, tranquila e bonita vila portuguesa con un coidado casco antigo e un parque na beira do Miño onde se encontran as instalacións termais.



Como sempre acabamos en Vilanova de Cerveira e Praia de Ancora.