sábado, 4 de agosto de 2012

Parque Nacional de Peneda-Gerés.

 Outubro do 2010, paseo polo Parque Nacional de Peneda-Gerès.

Pontevedra

 
28/8/2010

Fin de semana por Pontevedra. Visitas a cidade.

Subida a Cotorredondo. Con unha altitude de 550m sobre o nivel do mar, ten unha preciosa vista, por un lado a ría de Pontevedra e polo outro a ensenada de San Simón na ría de Vigo, ademais este parque natural conta con unha área de recreo que rodea o Lago Castiñeiras.

Pernocta cerca do río Lérez e descansiño na praia de Aguete.



viernes, 27 de julio de 2012

Galicia-Murcia-Alicante.

Viaxe 26/06/2010 a 10/07/2010.
26/06/2010
Saída ata o camping de Tordesillas.

Las Tablas de Daimiel.
27-Parque Nacional de Daimiel. Rotas de senderismo e pernocta no mesmo parque.
28- Levantámonos cedo e paseando polo parque disfrutamos do concerto da gran cantidade de aves que habitan este recuncho húmedo e fermoso no medio de tanta seca no río Guadiana. Despois puxemos rumbo a Las Lagunas de Ruidera onde comimos e dimos un pequeno paseo para logo chegar o nacemento do río Mundo, outro sitio precioso con unha fervenza de gran altura.
Río Mundo.
29- Pernocta no camping Río Mundo e marcha ata a Manga do Mar Menor.
30-De praia e visita pola Manga.

Cabo de Palos.
Día 1 de xullo. Caravaca de la Cruz e Moratalla.
Caravaca de La Cruz está situada no noroeste da comunidade de Murcia e este ano é ano xubilar, según a tradición alí consérvase un trozo da cruz onde foi crucificado Jesus, é lugar de peregrinacións.
2,3 e 4  de xullo descanso nas praias de Santa Pola (Alicante) , camping Internacional La Marina.
5 de xullo visita a Elche , entramos a ver o xardín do Cura.

6,7 e 8 de xullo Benidorm.
9 de xullo. Puebla de Sanabria.
10 de xullo. A Lanzada.





lunes, 2 de abril de 2012

Santiago-Ourense

01/04/2010
Semana Santa, paseos por Santiago visitando o Pico Sacro famoso polas súas lendas e contos da Raiña Lupa. Pazo de Oca, casa señorial galega dos seculos XVII e XVIII con fermosísimos xardíns. Mosteiro de Carboeiro unha das mellores mostras da arquitectura do medievo galego.Logo rumbo a Ourense de descanso nas termas de Outeriz e a Chavasqueira.

Pico Sacro



Pazo de Oca.




Mosteiro de Carboeiro


Ourense.

Museo Serralves (Porto)


13/02/2010.

En carnavales, escapada a Porto para ver o museo Serralves.

Parada en Tui, pernocta na Riveira en Porto, visita o museo e paseo polos preciosos xardíns. Quedamos en Esposende, parada en Praia de Áncora e tarde por Caminha.

Camiña.







Área de ACs en Tui.
Noite en Porto
 

Despertar en Porto


Xardín do Museo Serralves.
 

sábado, 31 de marzo de 2012

Viaxe a Portugal 27/09/2009 a 1/10/2009


Viaxe do 27/09/2009 a 1/10/2009 Portugal.
27/09/2009 Portugal.
Saída e pernocta en Viana do Castelo. O día 28 estamos en Peniche, Cabo Carvoeiro, Praia de Baleal. Nesta viaxe imos seguir un pouco o libro de Rosa Aneiros "Resistencia", un libro que me emociona e me acerca a historia portuguesa


Peniche



Praia de Baleal


29/09/2009. Parque Natural das Serras do Aire e Candeeiros.

Desviámonos un pouco para visitas as Grutas de Alvados, nestas preciosas serras. Comimos en Batalha preto do mosteiro e a tarde Leiria, visita o castelo. Volvemos o noso recorrido polo libro de Rosa e imos a Marinha Grande. San Pedro de Moel (Pena da Saudade, o enorme Faro), pernocta na praia da Vieira.


Serra do aire e Candeeiros.









Leiria





San Pedro de Moel 




Praia da Vieira



30/09/2009
Cruzamos en solitario o Pinhal do Urso. Pasamos Figueira da Foz e a Mira, onde paramos a descansar na sua praia. Pernocta en Costa Nova (Aveiro)


Mira 



01/10/2009
Despois de parar en Porto (sempre parada obrigada, precioso) imos a Barcelos, deixamos a AC en Barcelinhos e cruzamos a ponte para visitar esta bonita cidade portuguesa bañada polo río Cávado, famosa por ter un gran galo de cores trasformado en símbolo de Portugal. Tard-.noite en Ponte de Lima.
Barcelos


 



Ponte de Lima