viernes, 28 de octubre de 2011

Galicia, León, País Vasco, Navarra, Huesca, Cataluña,Andorra,Francia, Cantabria, Asturias.












20/06/2009. Cataluña,País Vasco.
Saímos o sábado 20 a Santiago. Comida en Friol con uns amigos e pernocta na área de ACs de León. O domingo 21 imos a Vitoria, paramos na área de ACs e visitamos a cidade, para durmir fumos ata Foz de Lumbier e quedamos no aparcamento do Centro de Interpretación das Foces.









21/06/2009. Cataluña, País Vasco.
Foz de Lumbier é unha estreita garganta labrada polo río Irate e declarada reserva natural. Alberga unha importante colonia de buitres leonados



Foz de Lumbier



22/06/2009. Cataluña, País Vasco.
Foz de Lumbier, a mañá fumos de camiñata polo cañón e vimos os buitres, logo marchamos a pernoctar en Jaca. Pero antes pasamos por o Mosteiro de Leyre e o Castelo de Javier, bordeando o embalse de Yesa ata adentrarnos no Pirineo polo val de Ansó, despois de visitar Ansó, (pobo de montaña precioso) cruzamos ó val de Hecho para visitar Hecho e o Mosteiro de Siresa.


Foz de Lumbier



22/06/2009. Cataluña, País Vasco.
Mosteiro de Leyre e Castelo de Javier (Navarra).






22/06/2009. Cataluña, País Vasco.
Embalse de Yesa.





22/06/2009. Cataluña, País Vasco.
Hecho e Ansó. Pobos moi bonitos de arquitectura popular, con casas de pedra, rúas empedradas e fachadas e chimeneas preciosas. Mosteiro románico de Siresa.





23/06/2009. Cataluña, País Vasco.
Despois de visitar Jaca imos o Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido, quedamos no camping en Torla.
Desde aquí facemos rutas de montaña e bici. Este sitio e precioso, fai xa anos que estiveramos aquí, pero seguro que esta non será a última, a paisaxe enamora a calquera.








24/06/2009. Cataluña, País Vasco.
Ordesa. Rota de sendeirismo ata a Cola de Caballo. Sen palabras.








25/06/2009. Cataluña, País Vasco.
De Ordesa a Lleida pasando por Castejón de Sos e Benasque. Pernocta en Lleida no aparcamento detras das Universidades. Imos o cine e paseamos pola cidade.






26-27/06/2009. Cataluña, País Vasco.
De Lleida a Blanes. Xa me tardaba un pouco de mar. Praia, descanso.





28-29/06/2009. Cataluña, País Vasco.
Blanes, San Feliu de Guixols. Quedamos no camping de Sant Pol, situado entre o pobo de San Feliu e a praia, está en un sitio estupendo, e cerca da via verde. Paseo en bici e praia.










30/06/2009. Cataluña, País Vasco.
Pasando por La Seo de Urgel a Andorra, de compras en Andorra la Vella e seguimos ata Pas de la Casa (Andorra) para pernoctar.






Pas de la Casa (Andorra)




1/07/2009. Cataluña, País Vasco.
En Francia paramos en Foix e ata Biarritz para quedar a durmir na área de ACs.


 Foix 


Biarritz

1/07/2009. Cataluña, País Vasco.

Biarritz está situada no sudoeste de Francia, no departamento dos Pirineos Atlánticos, na Costa Vasca, cerca da fronteira con España, é un sitio moi turístico con praias, porto de pesca, casino, ten unha área para autocaravanas estupenda, cerca da praia e do pobo.






2/07/2009. Cataluña, País Vasco.
Pola mañá paseamos por Biarritz, e a tarde pasámola en San Juan de Luz (turístico a tope, paseo en tren). Pernocta en Hondarribia, xa no País Vasco.









3/07/2009. Cataluña, País Vasco.
Deixamos Hondarribia e dirixímonos a Donostia, chegamos para comer a área de ACs.
En San Sebastián imos a bañarnos a praia da Concha e logo a tardiña polo barrio antigo. É estupendo pasear polas rúas e tomar os pinchos nos bares da zona vella, e logo ver caer a noite no paseo da Concha.









4/07/2009. Cataluña, País Vasco.
De San Sebastián a Bermeo, pasando polos pobos da costa vasca que son preciosos. Deba, Ondarroa, Lekeitio, pernocta en Bermeo na área de ACs .En Bermeo pola noite había un ambiente estupendo polo paseo da praza o porto, cheo de xente.










5/07/2009. Cataluña, País Vasco.
De Bermeo a Cangas de Onís.
Tina Menor en Cantabria e paseos en bici por Cangas.







6/07/2009. Cataluña, País Vasco.
De Cangas de Onís a casa, pasando por Cabo Vidio no concello de Cudillero.


Cabo Vidio no concello de Cudillero.

jueves, 13 de octubre de 2011

Cadiz
















2009/Semana Santa.
Mérida/Cadiz.
Mérida é a capital de Extremadura, está na beira do río Guadiana, é Patrimonio da Humanidade, ten grandes monumentos para visitar, así que nos dedicamos a pasear e admirar esta cidade tan rica en cultura e en história. Recordo con ledicia o seu cheiro a azar na Praza Maior.

2009/Semana Santa.
Cadiz, pernocta na mesma cidade, cerca da praia da Caleta e do parque Genovés. Día de praia e de procesións.








2009/Semana Santa.
Conil de la frontera, quedamos a durmir con outras ACs cerca da praia. Fumos ó Cabo Trafalgar a ver o enorme faro e a Zahara de los Atunes , pasamos polo mirador do estreito e ata Tarifa para pernocta.



Conil de la frontera


Cabo Trafalgar

Mirador do estreito


2009/Semana Santa.
Gibraltar, La Línea de la Concepción.

Paseamos por Gibraltar e logo fumos a bañarnos a La Línea, estaba un día precioso.


Gibraltar


2009/Semana Santa.
Tarifa é un pobo con moito turismo, deportes relacionados co mar e o aire, como o windsurf teñen alí o seu paraiso.


Tarifa